27 dic 2010

Se ten medo a voar, non lea "Caja negra"

O escritor Francisco Narla fai que a novela Caja negra avance sobre dúas vías paralelas que se corresponden cos seus protagonistas. O primeiro é un asasino en serie, Thomas Ray, que aproveita o seu traballo como piloto de voos internacionais para matar e agochar os cadáveres por aeroportos de todo o mundo. Neste sentido, o autor lucense observa que «ten unha profesión moi axeitada para ser asasino porque pode deixar un cadáver en Nova Iorque, outro en Bos Aires e un terceiro en Bangkok».  
Este personaxe, cuxa actividade coñecemos en 2007, comparte o protagonismo «cun funcionario gris dos anos 70, Sinesio Amorós, que, influído polo ambiente de interese pola parasicoloxía que houbo nese tempo, investiga unhas psicofonías na capela dun pazo que pertenceu a unha familia noble».   
Un terceiro personaxe de Caja negra é un xaponés caníbal que reside, mata e come cadáveres na Sorbona de París.
 Se a novela anterior Los lobos del centeno «era costumista, esta é un thriller ao estilo americano para entreter e que a xente pase medo», define Narla, para engadir que «o mellor afago que me dixeron sobre Caja negra veu dun lector que me comentou que lle caeu das mans do mal que o estaba pasando».  
O tamén escritor e director xeral de El Progreso, José de Cora, augurou que a lectura da novela de Francisco Narla —«con quien comparto la afición de escribir»— vai causar que «van a pasarlo mal y van a desear liberarse de los terrores que les provocará». Tras apuntar que «causa terror, algo que no es nada fácil».   
José de Cora cualificou esta obra como «una novela popular con lectura intelectual» para inscribila a seguir no xénero negro, «pero también es intelectual en cuanto al conocimiento y a la variedad. Eso hace que Caja negra sea una novela distinta a otras de su género».   
O director xeral de El Progreso trazou a importancia do apelido Ray (centeo, en inglés) no desenvolvemento da trama comentando que o centeo en mal estado favorece a aparición dun fungo que contén LSD. Subliñou que «el pan de centeno, tomado en malas condiciones, provoca las fiebres de San Antón».   
Francisco Narla anda escribindo unha terceira novela, na que volve sobre Galicia, como nos títulos anteriores: «Trátase dunha novela histórica baseada nas invasións normandas que entraron polas ribeiras do Ulla no século X», sinala. Engadiu o novelista que «o rapaz acaba refuxiado no castelo de Sarracín».
Texto do xornalista e escritor ribadense Jaureguizar, publicado en El Progreso.  
Edita ALBERTO SANTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.