27 ago 2010

"Apuntes históricos sobre Santiago"

"Este volume recupera once monografías do célebre historiador galego do XIX, Antonio López Ferreiro. Ningunha delas --excepto a que pecha a obra-- fora publicada antes en libro. Permanecían esquecidas desde fai máis dun século, cando apareceron en forma de extensos artigos integrados en revistas da época.
"Estes escritos percorren momentos clave da historia de Santiago de Compostela: documéntanos o autor sobre as orixes do mosteiro de San Paio de Antealtares, recrea o mito do Pico Sacro, interpreta as inscricións da Colexiata do Sar, explica o Códice Calixtino, ou narra a historia do malogrado bispo Suero de Toledo, entre outros temas.
"Sobre todos estes ensaios merece especial mención o seu relato sobre a historia do altar de Santiago, pois Ferreiro foi o arqueólogo que, en 1879, se había de encargar das excavacións que localizaron as reliquias do Apóstolo.
"En todos estes escritos, reunidos e estudados por Xosé Ramón Fandiño, queda patente a que, quizais, sexa a maior cualidade do historiador: ser o primeiro en Galicia en utilizar as fontes e os documentos como base para os seus estudos."
O texto aquí reproducido é o da presentación da editorial.
Edita ALVARELLOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.