11 mar 2010

"Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha"

Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade.
Tanto as feministas da transición, heredeiras da revolución cultural do 68 e despostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideológica, como as dos anos 2000 decataríanse de que “facerse feminista” implicaba chocar cun mundo remiso aos cambios e ao relevo do poder. O cuestionamiento da vida das feministas comezaba co propio corpo e debía tirar abaixo a primeira estructura represiva para a muller: a familia e as cadeas conxugais. Implicaba desvincularse do mundo íntimo, sentimental, para abrirse camiño ao público, ao da razón, ao da xustiza, seguindo como un grito de guerra o lema da norteamericana Kate Millett: “o privado é político”.
Incomprensiblemente negado, o movemento feminista propiciou probablemente os cambios sociais máis profundos levados a cabo durante a transición política. A determinación das feministas de tomar por xustiza o mundo público masculino desencadeou unha fonda batalla interna que conseguiu deixar sinal.
Nesta obra coral, Mónica Bar “dálles voz” ás protagonistas da historia e abre canles polas que poidan descorrer novas investigacións e reflexións sobre o feminismo, imprescindible para a sociedade contemporánea.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.