26 may 2009

"As dúas culturas"

O 7 de maio de 1959, o científico e novelista Charles Percey Snow (máis tarde nomeado lord pola raíña británica) pronunciou a conferencia Rede Lecture, que é o acto académico anual máis prestixioso da Universidade de Cambridge. A charla, co título As dúas culturas e a revolución científica, acuñou o termo dúas culturas.
O plantexamento das dúas culturas fai referencia á separación intelectual que algúns fan entre humanistas e científicos, habitude inteelctual que para moitos analistas segue plenamente vixente ou, incluso, máis acusada.
Moitas mulleres e homes de Letras seguen considerando cultas a persoas que ignoran todo sobre as Ciencias, e mesmo pretenden ás veces que a cultura tradicional é a única Cultura; como se o coñecemento e a explotación da natureza, por exemplo, non tivese interese. Pola súa banda, moitos científicos cren que a Literatura, a Historia ou a Filosofía non achegan nada relevante ás actitudes e a vida psicolóxica, ética, económica ou social; de xeito que eses científicos autoempobrécense e diminúen o seu universo.
Segundo Snow, a consecuencia dese abismo entre esas dúas concepcións de cultura supón unha perda práctica da intelectualidade, o que ao tempo constitúe una doenza para a sociedade occidental, cousa que afecta gravemente ao resto do mundo.
O libro que se publicou co texto da conferencia de Snow, co mesmo título, orixinou unha viva controversia que chega ata os nosos días. O presente texto recolle a primeira traduzón ao galego de As dúas culturas, así como outro texto publicado por Show en 1963, As dúas culturas: unha segunda ollada, e un estudo crítico de Stefan Collini.
Coa edición deste libro o Consello da Cultura Galega conmemora o 50º aniversario dunha conferencia que deixou prfunda pegada na historia do pensamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.