18 ene 2008

"Da palabra no tempo"

Darío Villanueva (Vilalba, 1950), doutor en Filoloxía Hispánica e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor, está considerado como un dos grandes especialistas en literatura e crítica literaria do ámbito hispanoamericano.
Doutor honoris causa por varias universidades americanas e europeas, é Académico numerario da Real Academia Española e foi distinguido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia.
Entre a súa obra publicada, traducida a varios idiomas e amplamente recoñecida pola crítica especializada, figuran, entre outros, os seguintes títulos: El Jarama de Sánchez Ferlosio. Su estructura y significado (1973); Estructura y tiempo reducido en la novela (1977); El comentario de textos narrativos: la novela ( 1989); El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada (1991); Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991); Teorías del realismo literario (1992) e Valle-Inclán, novelista del modernismo (2005).
Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Joyce, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero e Carlos Casares son algúns dos autores que Darío Villanueva analiza no presente libro dende unha esixente perspectiva académica e unha expresiva vontade ensaística.
Edita ESPIRAL MAIOR

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.