20 oct 2007

"Arredor do mundo"


O mundo en que vivimos é ancho e alleo, como alguen dixo, mais tamén é estreito e noso, segundo o ollemos.
Cada vez máis abarcable e globalizado e ao mesmo tempo máis complexo e dividido. Este planeta que nos leva e nos trae na súa andaina de rotación e traslación está poblado de enigmas e sucesos, mayores ou menores, que chaman a nosa atención.
Xosé Neira Vilas detense nese cento de artigos noutros tantos temas e acontecementos que ocorreron no mundo que tripamos, neste chisco do mundo que se chama Galiza, conseguindo engaiolar ao lector cunha prosa purísima e ben traballada, tan característica dun clásico vivo da nosa literatura.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.