6 jul 2007

"Cemiterio de elefantes"

En Cemiterio de elefantes a protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración.
Cunha estructura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos con frescura, humanidade e ironía varias historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca deixan indiferente ao lector.
As páxinas de Cemiterio de elefantes percorren con acidez a paisaxe nocturna a través de certa estética radiofónica. Na súa escrita húmida refúxianse noctámbulos, camareiras, travestis, estudantes, taxistas, varredores, persoas solitarias, insomnes, xornalistas… que gozan ou sofren o efecto devastador da noite descubrindo as entrañas da cidade.
Espazos literarios e persoaxes de Fran Alonso como Almas perdidas, Corazóns solitarios e a Señora Lola naceron neste libro, cuxa trama comeza cando a noite cae sobre Vigo, e remata co amencer do novo día.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.