25 jun 2007

"Mar por medio"

Co gallo do Premio Trasalba entregado onte na casa-museo de Otero Predayo ó investigador é escritor John Rutherford, a Fundación Otero Pedrayo có patrocinio da Xunta de Galicia, edita a súa biografía baixo o título Mar por medio.
John Rutherford, inglés de berce e galego de adopción, é a proba viva de que, en cuestións de identidade, sempre é mellor sumar que restar.
A súa vida e a súa obra son un exemplo práctico de cómo é posible concibir un galeguismo en diálogo permanente con outras culturas, que atopa nese diálogo a confirmación da súa identidade.
Nesta biografía de Rutherford atopámonos numerosas fotografías del en Inglaterra e tamén en Ribadeo que xa forman parte da historia cultural da vila.
Ademáis de escritores coma Xelís de Toro, X. L. Méndez Ferrín, etcétera, atopamos colaboracións de varios ribadenses: Carlos Álvarez Lebredo, Pilar Cancio, Daniel Cortezón, Tita García Méndez, Rosa, Laura e Xoana Rutherford, Eduardo Gutiérrez, Roberto Rodríguez Rodríguez, Manuel A. Valín Valdés
Edita FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.