3 may 2007

"Derradeiras conversas co capitán Kraft"

Irrompen na poesía galega do século XXI as Derradeiras conversas co capitán Kraft, de Oriana Méndez (Vigo, 1984).
De sorprendente madureza, esta obra aborda o texto poético como ferramenta de demolición da usura, como conflicto sen resolver, como sinal de posta en marcha. Valéndose da ironía contra os fósiles líricos do noso tempo, a autora disecciona a experiencia da posmodernidade, abre túneles na metrópoli continua que habitamos.
Oriana Méndez tensa o verso, e confronta o seu sentido da beleza, profundo e inquisitivo, coa esixencia de franquear os pasos para a movilización.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.