5 feb 2007

Sotelo Blanco edita "O perfume" en galego

No século XVIII, durante o reinado do Rei Sol, naceu en París Jean-Baptiste Grenouille, o nariz máis prodixioso da historia.
Grenouille non descansará ata converterse, en primeiro lugar, no mellor perfumista da súa época; e máis adiante, na procura do Gran Perfume, do perfume absoluto, e non dubidará en recorrer ao asasinato en serie das máis fermosas rapazas para tirarlles o segredo do seu atractivo, aquilo que as volve irresistibles: o seu recendo persoal.
En 1985, ano da publicación de O perfume, a obra de Patrick Süskind acadou un rápido e clamoroso éxito só comparable ao que anos antes colleitara Humberto Eco con O nome da rosa. As dúas obras combinan, nunha fórmula semellante, a novela histórica e o relato policial. Aínda na actualidade O perfume segue a gozar do favor dos lectores, como o demostra a recente estrea da versión cinematográfica.
A súa incuestionable calidade literaria sitúa a obra de Patrick Süskind entre os escasos súper-ventas europeos de éxito permanente. Süskind (Ambach, Alemaña, 1944) iniciou a súa carreira literaria con O perfume (1985). Publicou tamén o monólogo dramático O contrabaixo (1984) e os relatos A pomba (1987), A historia do señor Sommer (1991) e Tres histórias e unha reflexión (1996).
Edita SOTELO BLANCO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.