28 feb 2007

"Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1929-2006)"

Moitos dos protagonistas deste libro militaron --algúns aínda o fan-- no discurso universal dos que combaten a inxustiza.
Neste libro, fálase de algúns --non de todos-- dos intelectuais que en Galicia pensaron o pasado, o presente e o futuro do país cas ferramentas de análise do marxismo. Fálase tamén de homes e mulleres que antes e despois da guerra incivil protagonizaron accións --ás veces heroicas-- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas que tiñan orixe no marxismo e a unha praxis comunista.
Nestas páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores, algúns case que descoñecidos, e por riba o libro aporta un documento inédito e extraordinariamente significativo: a acta orixinal do que se falou na I Asemblea de Intelectuais do PCG, celebrada no marzal de 1977, case que ao tempo que foi legalizado o PCE --antes da aprobación da Constitución do 1978-- e cando o principal partido antifranquista estaba a renunciar a moitos dos seus postulados, e mesmo aceptar a monarquía, ca única finalidade de garantir un tránsito pacífico á democracia.
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), militante do PCE desde 1962, é catedrático (emérito) de Língua Galega na Universidade de Santiago, membro numerario da Real Academia Galega, director do Centro de Estudos Rosalianos e presidente do Foro pola Memoria Republicana de Galicia.
Edita XERAIS

1 comentario:

  1. Xa vai sendo hora de que se fale do PCG e doutros partidos de esquerdas sen ver pantasmas e diaños debaixo das pedras. Noraboa polo voso blogue.

    ResponderEliminar

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.