16 nov 2006

"Arquitectura popular en Galicia"

As novas sobre a corrupción urbanística enchen páxinas e páxinas de xornais. Nembargantes, o urbanismo e a arquitectura merecen máis respeto e, por riba de todo, atención e coñecementos. En grande medida, a calidade de vida das persoas está vencellada ao hábitat e tamén á vivenda, ao fogar.
Pedro de Llano, un dos arquitectos e urbanistas que máis ten traballado na procura de solucións axeitadas para o país galego, é o autor dun libro que serve para lembrar a cultura constructiva dos galegos e que, polos seus significados, tamén debería ser de obrigada lectura para quenes lexislan no eido do urbanismo e para quenes traballan no controvertido sector.
Para coñecer mellor o contido de Arquitectura popular en Galicia, ler o texto publicado en BRÉTEMAS.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.